Amigos da Terra organiza este domingo 16 de febreiro no concello de Meaño, en Pontevedra, a primeira das 3 formacións específicas do proxecto “Cultivo biointensivo de alimentos: método agroecolóxico innovador para a adaptación ao cambio climático de hortas familiares e comunitarias”.
O curso, cunha duración de 8 horas, impartirase, en horario de mañá e tarde, no Museo da Muller Labrega, en Meaño, Pontevedra. Tamén visitaremos a horta de referencia do proxecto así como algunha das hortas participantes.
Ésta será a primeira xornada na que se coñecerán e coincidirán todas as participantes do proxecto. Ademais da intercambio de experiencias entre as participantes, traballaremos na rotación de cultivos e na planificación da horta de primaveira-verán. Como en outros encontros formativos, tamén haberá tempo para intercambiar sementes e visitar algunha horta da zona.
O curso está dirixido ás persoas que están participando no proxecto de Amigos da Terra
Imparte Guillermo Rodríguez Barreiro, enxeñeiro agrónomo e Mestre Nivel Básico do método biointensivo. Labrego na horta biointensiva “O Torno”, horta de referencia con vocación de espazo de formación, investigación e promoción do método biointensivo en Galicia.
Colaboran


Este proxecto conta co apoio do Ministerio para a Transición Ecolóxica a través da Fundación Biodiversidade



Leave A Comment