Calendario de eventos

Últimos eventos pasados

Visita TrasDeza Natur (Silleda)

Silleda Pontevedra

Visita ao proxecto agroecolóxico Trasdeza Natur situado en Silleda. Consta dunha horta ecolóxica e como elemento innovador a transformación dalgún desos produtos frescos en aperitivos deshidratados, conservas e especias. Posúen un deshidratador solar froito dun proxecto de investigación xunto ca USC que lle  permite manter todas as súas propiedades organolépticas. Cando? sábado 3 de abril [...]

1ª actividade horta Provivenda (Ourense)

Horta da Terra Rúa dos Ponxos nº 5 , Ourense

Inicio do proxecto "Cultivando culturas. Horta de aprendizaxe comunitaria intercultural" na Horta da Terra en Ourense onde participan solicitantes de asilo y beneficiarias de Protección Internacional da ONG Provivenda. Os obxectivos son varios aínda que o fundamental é  traballar os coidados e a compoñente emocional a través do coidado do terreo.    

Visita de Provivenda á Horta da Terra (Ourense)

Horta da Terra Rúa dos Ponxos nº 5 , Ourense

A ONG Provivenda visitará a Horta da Terra para que as súas usuarias e usuarios poidan coñecer este espazo. O obxectivo é implementar un proxecto piloto de colaboración entre ambas entidades e empregar a horta como ferramenta de empoderamento, integración na comunidade e sobre todo de autocoidado e traballo emocional de persoas en risco de [...]