A andaina de Amigas da Terra comeza en 1997, pola iniciativa de Xulio López en Ourense. A filosofía de traballo comenza xirando en torno a dous eixes de actuación: a denuncia das problemáticas ambientais e a proposta de alternativas para construír unha sociedade máis respectuosa co medio ambiente, xusta e solidaria.
Con todo, a historia de Amigas da Terra comezou a escribirse en 1971 cando varios grupos ecoloxistas de Francia, Gran Bretaña e Suecia crearon a federación Amigos de la Tiierra Internacional.
A historia de Amigas da Terra implica unión e apoio, pero tamén unha forte independencia para cada un dos grupos que conforma a federación.
Somos unha asociación ecoloxista que ten como misión o fomento do cambio local e global cara a unha sociedade máis respectuosa co medio ambiente, xusta e solidaria.
Pretendemos un mundo onde todos os seres vivos e pobos vivan con dignidade e harmonía coa natureza.
OS NOSOS VALORES
- Xusta e solidaria
- Próxima ás persoas
- Comprometida socialmente
- Global e local
- Costructiva e positiva
- Educativa
- Activista e reivindicativa
- Aberta e dialogante
- Pacifista e non violenta
- Democrática e participativa
- Independiente e laica
OS NOSOS OBXECTIVOS:
- Protexer o medio ambiente, entendido no máis amplo senso.
- Promover alternativas baseadas no desenvolvemento sostible.
- Mellorar a calidade de vida das comunidades humanas en tódalas súas facetas.
- Promover a educación integral a todos os niveis e en todos os ámbitos, incluíndo de xeito destacado: a promoción de coñecementos e actitudes constructivas e proactivas cara o medio ambiente, a promoción da educación ambiental e a defensa da xustiza social.
- A defensa o desenvolvemento dun medio rural vivo.
- A información, asesoramento e outros servicios, en materia ambiental, tanto de xeito individual coma formando parte de colectivos.
- A cooperación e solidariedade internacional no marco da conservación do medio ambiente e o Desenvolvemento Sostible nos países do sur global.
- A defensa do feminismo, da xustiza de xénero e interseccionalidade
ORGANIGRAMA
Xunto con outras organizacións análogas e homónimas, está integrada en Amigas de la Tierra, unha ONG clásica no estado español, que vén traballando de forma continua máis de vinte e cinco anos. Esta organización basea o seu traballo nos distintos grupos locais, presentes en vinte e unha provincias de todo o estado. Forma parte á súa vez de Friends of the Earth International (Amigos da Terra Internacional), organización internacional nada nos Estados Unidos, Gran Bretaña e Suecia no ano 1971 e que foi extendéndose ata o día de hoxe a 57 países dos 5 continentes. España figura como membro no ano 1979. No ámbito europeo existe outra estrutura supranacional chamada Friend of the Earth Europe (Amigos da Terra Europa). Aínda que pareza unha estrutura un tanto xerárquica, permite unha total independencia de acción dos grupos de cada nivel, sendo estes, órganos de coordinación e representación. Polo tanto, respéctase sempre a independencia e liberdade dos grupos.
ÓRGANO DE GOBERNO
En Amigas da Terra, o máximo órgano de goberno reside na Asemblea Xeral, que se reúne, como mínimo e de xeito ordinario, unha vez ao ano. Nela examínanse os balances económico e de actividades do ano anterior, debátense as diferentes propostas para o seguinte exercicio e elíxense os cargos da Xunta directiva. Na asemblea poden participar todas as persoas asociadas con voz e con voto. Entre asemblea e asemblea, o órgano decisorio é a Xunta directiva, que se reúne unha vez ao mes.
ÁMBITO DE ACTUACIÓN
Amigas da Terra conta con dúas oficinas: Ourense (sede central) e Vigo, aínda que traballa a nivel autonómico, con grupos de traballo nas provincias de Ourense, Pontevedra e A Coruña. Tamén estamos presentes en países como Honduras e Nicaragua onde desenvolve proxectos de cooperación.
