En Amigos da Terra levamos máis de vinte anos traballando para acadar sociedades sostibles. Este camiño non o fixemos sós e se chegamos ata aquí é gracias á colaboración dos soci@s que día a día se involucran nas distintas actividades que se fan.
Temos claro que unha asociación sen socios non é unha asociación, por iso precisamos das vosas colaboracións, queremos que vos acheguedes a nós, para axudarnos a desenvolver día a día as liñas de traballo que nos permitan actuar sobre as políticas medioambientais locais, así como traballar nun cambio de actitude na poboación.
Facéndote soci@ de Amigos da Terra poderás participar nas diferentes campañas de presión e sensibilización, recibirás gratuitamente información das nosas actividades a través dun boletín, disfrutarás de descontos no Centro de educación ambiental As Corcerizas… pero sobre todo terás voz e voto para decidir o futuro da túa asociación.
“Dime e esquecerei, demóstrame e recordarei, involúcrame e entenderei”
Baseándonos neste proverbio chino, convidámosvos a participar das diversas actividades e accións que levamos a cabo en Amigos da Terra.
Ademais agora facerte socio cústache moito menos! Coa modificación da lei fiscal, agora podes desgravar o 80% da túa achega económica a Amigos da Terra.
Ver máis: PDF Desgravación Facenda
Informámoslle que de conformidade co establecido na Ley Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal e o seu reglamento de desenvolvemento, os seus datos de Carácter Persoal, son incluídos en ficheiros titularidade desta entidade coa finalidade de xestionar correctamente a súa solicitude de información.