Dende Amigos da Terra queremos facer un encontro ca nosa base social e, xa de paso, realizar unha actividade ambiental e xuntarnos para xantar!
Queremos buscar micro plásticos nun areal de Vigo e así tomar consciencia desta contaminación invisible. Para facelo usaremos materiais como cribos e lupas, si queres descubrir como facelo e participar na experiencia vente este sábado de 11:30 a 13:30 horas ata a praia do Museo do Mar
Hora e Punto de encontro: sábado 8 de febreiro ás 11:30 na entrada principal do Museo do Mar
O obxectivo deste obradoiro é crear unha masa de persoas interesadas en traballar no tema de plásticos, residuos,… A partir do mes de marzo replicaremos este obradoiro noutras localidades. Se non vos podedes achegar a Vigo seguro que teredes outras oportunidades de participar.
Requisitos de participación: para asistir só precisamos que teñas curiosidade por coñecer máis sobre esta problemática e querer coñecer outras persoas interesadas no medio ambiente.
Despois do obradoiro xantaremos nalgún restaurante da zona, aínda sen determinar, que teña prezos económicos e asumibles. O obxectivo non será outro que botar unhas risas, falar, debater e coñecer a parte máis humana da asociación.
Custe: o obradoiro é gratuíto.
Si estás interesada por favor inscríbete neste formulario>> antes do xoves 6.
Apúntate!!
Vémonos o sábado en Vigo!!

Leave A Comment