Neste aspecto contémplanse todas as actividades e campañas centradas na repoboación forestal. Dende accións concretas con grupos e datas sinaladas, como por exemplo o Día da Árbore, ata eventos de colaboración.

Campaña “Axuda a vivir, doa sangue e planta unha árbore”

Campaña: "Axuda a vivir, doa sangue e planta unha árbore"Levamos nove anos realizando esta actividade en coordinación co Centro de Transfusión de Galicia. Durante esta campaña, que ten unha duración de catro días, por cada persoa que doe sangue será plantada unha árbore autóctona, nalgunha zona afectada por incendios forestais.

O índice de incendios aumenta de forma alarmante todos os veráns sobre todo na nosa provincia. Outra problemática destes meses é que as doazóns de sangue baixan de maneira estrepitosa, xustamente cando é a época na que máis se necesita debido ó aumento no número de accidentes.

Por esta razón, aunamos esforzos para solventar esta dobre problemática. Os doantes poden escoller entre participar na plantación ou facelo pola súa propia conta.

As árbores que se plantan son autóctonas e contamos todos os anos coa fiel participación dos colectivos escolares.