Obradoiro de “tuneado” de bolsas de tea

Cargando eventos

Esperámoste o próximo venres 19 de novembro ás 18.00 horas no local de Amigos da Terra en Vigo, Rúa Policarpo Sanz nº 17 1º D.

Se es unha persoa convencida da importancia da redución de bolsas de plástico, se queres que a túa bolsa de tea sexa persoal e diferente a todas, ademais de reivindicativa, ou se queres un sistema para levar comodamente a túa bolsa de tea, achégache este venres 19 á nova sede de Amigos da Terra en Vigo e participa no noso obradoiro gratuíto de “tuneado” de bolsas de tea.

Nós poñemos a bolsa de tea e o café de comercio xusto para acompañar a actividade, ti soamente terás de traer teas de cores ao teu gusto, fío, agulla, botóns e elementos para adornar.

Para máis información e inscricións ponte en contacto antes do venres no teléfono  986 125 171 ou no correo electrónico: comunicacion@amigasdaterra.net

Leave A Comment

Go to Top