Reunión da Rede de Avogados para a Defensa Ambiental (RADA)

Cargando eventos

logooficial_rada

Os membros da RADA, rede estatal da que forma parte a asesora xurídica de Amigos da Terra, reuniranse en Madrid para facer unha avaliación do funcionamento da Rede no último ano. Ademais presentaranse novos proxectos e accións legais para a defensa do medio ambiente nas diferentes Comunidades autónomas.

Aínda que moito do traballo se basea no asesoramento entre os propios xuristas que integran a Rede, faise unha importante labor en materia de inspección respecto ao cumprimento da Lei de Aarhus, sistemáticamente vulnerada polas distintas administracións.

Presentaranse novas ideas relacionadas coa formación doutros xuristas que se queiran especializar na defensa do medio ambiente e tratarase cos Colexios de Avogados das distintas provincias españolas para propór a creación dun turno de oficio especializado na protección ambiental.

Nos días seguintes á reunión, Amigos da Terra publicará as decisións tomadas na mesma.

Leave A Comment

Go to Top