O Consello Municipal de Solidariedade e Cooperación Internacional invita a cidadanía viguesa a unha xornada de coñecemento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, co Foro de ONGD onde Amigos da Terra estará presente, e cun concerto como fin de festa.
O sábado 20 de novembro, durante todo o día, agardámoste na Praza de Compostela. Ven a coñecer as accións solidarias e de cooperación que realizan as organizacións da cidade de Vigo no Foro de ONGD. Un Grupo de Teatro e as ONGD achegarannos aos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio con obradoiros, accións itinerantes, performance, contacontos…

E como fin de festa un Concerto de balde no Auditorio do Concello de Vigo,do grupo “La Habitación Roja” ás 21h. Recollan as súas invitacións na sede da ONGD Amigos da Terra-Agareso (Policarpo Sanz, 17, 1ºD Vigo, 986125171: Horario 9h-14h)

Leave A Comment