IV Encontro de Axentes Socioeducativos. Formación mutua para vincular accións, saberes e territorio

Cargando eventos

Amigas da Terra participará no “IV Encontro de Axentes Socioeducativos. Formación mutua para vincular accións, saberes e territorio“ organizado polo Grupo de Investigación Esculca, unha actividade que pretende fomentar o encontro entre entidades rurais, alumnado e profesorado que teñan interese na posta en práctica da metodoloxía Aprendizaxe-Servizo vinculada ao medio rural.

Participaremos pola tarde nas mesas redondas sobre a creación de procesos e proxectos comunitarios e falaremos das comunidades enerxéticas e das súas posibilidades de impulsar a soberanía enerxética

CANDO? o 1 de xuño de 2023

ONDE? no Centro Sociocultural de Bugallido-Ames

Para facilitar a participación e reducir o uso de coches, habilitarase o desprazamento dende a estación intermodal de Santiago de Compostela en dous turnos de ida e volta:

  • IDAS: 09:00 e 14:00
  • VOLTAS: 16:15 e 19:15

Haberá un xantar común proporcionado pola Asociación Darredor

A inscrición será gratuita na seguinte ligazón

Este encontro está recoñecido como actividade formativa pola USC, tanto para o estudantado polo Servicio de Participación e Inclusión Universitaria como para o PDI polo Programa de Formación e Innovación Docente (PFID).

 

Leave A Comment

Go to Top