
Amigas da Terra convídavos a participar na manifestación O Pobo Galego unido contra a depredación enerxética
CANDO? este domingo, 21 de maio ás 12:30h
ONDE? Torre da Mosquera, Ronda da Murralla, Lugo
ORGANIZA: Veu polo Aire, colectivos organizacións e movementos sociais do país
Un desenvolvemento capitalista terriblemente desigual no social, no xeográfico e no ecolóxico, no que se xeran zonas de sacrificio entre diferentes estados e tamén dentro dos mesmos, e no que as empresas, da man da Administración, entran no territorio e impoñen un modo de produción e reprodución social no que pouco teñen que dicir os seus moradores.
Por iso pedimos paralizar o plan eólico vixente e os proxectos en trámite e apostar por un modelo enerxético transparente, xusto, descentralizado e descarbonizado, que potencie a soberanía enerxética dos pobos, con redución do consumo, e redes de distribución local.
Seguindo o ronsel de @FoiPoloVento e @VeuPoloAire e de tantas compañeiras que loitan, sairemos á rúa en Lugo para berrar que @UnVentoVén, un vento cada vez máis forte, que sabe da insostenibilidade deste modelo económico, e que lembra que o territorio tamén é noso e a forma de habitalo perténcenos
Adhesións: unventoven@gmail.com
O Monte e o Mar Deféndense!
As cidades e o rural xuntas contra o capital
Fagamos nosa a enerxía!

Leave A Comment