Vente a Alcorisa: Festival pola enerxía comunitaria!

Cargando eventos

 

O próximo 10 de xuño organizamos o primeiro festival pola enerxía comunitaria en Alcorisa, Teruel

TOMEMOS A ENERXÍA!!!

Ante as crises climáticas, enerxética e ecolóxica que vivimos, non podemos resignarnos e caer na inacción, é indispensable xuntarnos e coñecer as alternativas que temos ao noso alcance. E propoñémoste facelo nun ambiente distendido, lúdico, festivo que nos permita celebrar as solucións e poñelas en marcha de forma conxunta, favorecendo un mundo rural comunitario vivo.

Un festival cargado de boa enerxía onde soarán grupos de música como o cuarteto de corda Muro Kvartet, a artista Bewis de la Rosa co seu proxecto Rap rural, a cantautora María Ruiz e a DJ Bárbara Gartland teremos obradoiros para todos os públicos, xantar popular, cinefórum, e contaremos con diferentes colectivos que loitan por unha transición enerxética xusta en mans da xente.

Totalmente gratuíto!!!

Queremos que poida participar todo o mundo, e o tema económico non debe ser nunca un impedimento. Eso si, temos unha fila cero, por se queres e podes facer unha doazón e apoiarnos economicamente.

Apúntate! 

só tes que completar os teus datos e presentarte alí con moitas ganas de bailar, rebelarte e festexar

Máis información aquí

Ante a crise climática: ENERXÍA COMUNITARIA E MOITAS GANAS DE BAILAR!

Leave A Comment

Go to Top