Cada ano, mozos e mozas integrantes de Amigos da Terra Europa organizan un encontro de verán para reunir xóvenes activistas procedentes dos diferentes grupos de Friends of the Earth Europe.
O Summer Camp de Young Friends of the Earth Europe (YfoEE) é unha oportunidade que hai unha vez ao ano para os activistas de toda a rede europea de Amigos da Terra, onde se che ofrece a oportunidade de coñecer outros mozos/as; afondando sobre os temas e as campañas nas que traballamos, aprendendo e desenvolvendo novas habilidades, e participando nas nosas accións e proxectos.
As/Os participantes poderán gozar dun programa de acción cheo de obradoiros sobre temas de xustiza climática, soberanía alimentaria e, as tan importantes, habilidades para a facilitación de reunións de grupo para a planificación de campañas e accións efectivas.

Leave A Comment