Participa na campaña: Axuda a vivir, doa sangue e planta unha árbore

Cargando eventos

Amigos da Terra xunto co Centro de Transfusión de Sangue de Galicia e coa colaboración de Voz Natura vai a levar a cabo, por duodécimo ano consecutivo na cidade de Ourense, a campaña: Axuda a vivir, doa sangue e planta unha árbore, que acadou o ano pasado unha participación de 216 persoas.

A iniciativa terá lugar entre os días 16 e 20 de xullo e tenta acadar un dobre obxectivo: mellorar a información das/os cidadás/ns sobre a doazón de sangue, un xesto solidario indispensable para o correcto desenvolvemento do labor asistencial dos hospitais galegos, así como espertar  unha certa  sensibilidade social a prol da conservación do medio ambiente.

Durante os seis días nos que se desenvolverá esta iniciativa, voluntariado de Amigos da Terra distribuirá información sobre a doazón de sangue e ofrecerase aos doadores e doadoras a posibilidade de plantar unha árbore por cada doazón que se rexistre.

Si queres colaborar nesta campaña envía un correo a voluntariado.galicia@amigasdaterra.net

Leave A Comment

Go to Top