Calendario de eventos

Últimos eventos pasados

“Aldeas Revoltas” : Encontro da Mocidade Labrega

Vai ter lugar o vindeiro sábado 24 de setembro no albergue de Amigos da Terra "As Corcerizas"en Vilar de Barrio, Ourense. Este encontro centrarase no debate dos diferentes modelos de produción, ademáis do intercambio de experiencias, visitas, articulación da mocidade,etc. máis información >>>

Campamentos de verán de Greenpeace en As Corcerizas

As corcerizas – Serra de San Mamede As Corcerizas

Unha vez máis Greenpeace elixiu o centro de Educación Ambiental de Amigos da Terra en Ourense para desenvolver os seus campamentos de verán e as súas actividades para mozos/as en acción. Coherentemente co espírito dos seus campamentos, ningún contorno mellor que o de As Corcerizas, onde Amigos da Terra leva unha década sendo pioneira nos [...]

Carpintería con Palets – Curso práctico

As corcerizas - Serra de San Mamede

Queres aprender as técnicas necesarias para facer as túas propios mobles?, manexar todas as ferramentas necesarias para iso?, coñecer os diferentes tipos de tratamentos naturais para protexer a madeira? Desde As Corcerizas propoñémosche un fin de semana creativo e produtivo, tras o cal estarás capacitado para emprender a creación de calquera estrutura que precises na [...]