Fin de semana de voluntariado ambiental en San Mamede

Cargando eventos

Amigos da Terra anímavos a fomar parte activa da mellora dos nosos montes e a disfrutar dos encantos da montaña ourensá, a través do programaVoluntariado Ambiental en Espazos Naturais.

Un programa de formación e sensibilización en materia de patrimonio natural galego, que ten por obxecto promover o voluntariado a través deactividades de educación ambiental encamiñadas á conservación, recuperación, sostibilidade e divulgación dos valores de distintos espazos naturais de Galicia.

Todos os voluntarios e voluntarias que estean dispostos a colaborar neste proxecto poden inscribirse a través do formulario de inscrición da web de voluntariadogalego.org da Xunta, ou chamando ao Teléfono Solidario 900400800.

Máis información

Leave A Comment

Go to Top