O último venres de cada mes, no local de Amigos da Terra en Vigo (rúa Policarpo Sanz, nº 17 1ºD), terán lugar as “tertulias ambientais”,·un·espazo aberto á cidadanía para o diálogo e o intercambio de ideas sobre noticias ambientais de actualidade, así como debater temas de interese social e compartir dúbidas e información.
Nesta ocasión, iniciaremos a tertulia co visionado da curta “A historia das cousas”, na que se expón o lado oculto dos nosos sistemas de produción e modos de consumo. Unha reflexión moi interesante!!
Esperámosvos este venres, a partir das 19.00 horas no local de Amigos da Terra-AGARESO en Vigo (Rúa Policarpo Sanz, nº 17 1º D)

Leave A Comment