Campamentos de verán de Greenpeace en As Corcerizas

Cargando eventos

Na 15ª edición dos seus campamentos de verán, Greenpeace inicia as actividades para xóvenes en acción, e coherentemente co espíritu dos seus campamentos ningúnha contorna mellor que a de As Corcerizas, onde Amigos da Terra leva unha década sendo pioneira nos eidos da bioconstrución, enerxías limpas, alimentación ecolóxica e local, a redución e xestión dos seus residuos e a biodepuración das augas residuais.

Os/as participantes están a aprender como traballa Greenpeace, tanto a nivel de asociación como dos obxectivos ambientais e as campañas que levan a cabo, pero tamén están a coñecer a nosa realidade local e a disfrutar dos recursos do propio centro e da contorna da Serra de San Mamede.

Primeira quenda (11 e 12 anos) do 1 ao 10 de xullo

Segunda quenda (13, 14 e 15 anos) do 11 ao 20 de xullo

Terceira quenda (16 e 17 anos) do 21 ao 30 de xullo

Leave A Comment

Go to Top