Obradoiro de pan en Ourense

Cargando eventos

Amigos da Terra convídate a participar nunha nova actividade no marco da campaña Alimentos Quilométricos; nesta ocasión contaremos cos promotores das fornadas comunitarias en Oroxo, que nos ensinarán, de xeito práctico, como podemos facer o noso propio pan na casa.

Si o tempo acompaña coceremos os pans que fagamos nun forno solar que, ou ben instalaremos na Praza da Trindade ou ben no Xardín de Posío. En caso de que Lorenzo nos negue a súa presenza, coceremos no forno de gas do Sem Um Cam, e aproveitaremos para facer un obradoiro de elaboración de fornos solares pola tarde.

Para facer o voso propio pan deberedes traer: medio quilo de fariña de trigo ou espelta, a ser posible ecolóxica e integral, un recipiente de boca ancha para amasar e un par de panos para cubrir a masa mentres leveda.

O xantar, feito coas aportacións de todas e todos os participantes, será colectivo, cada persoa poderá traer algo para compartir, tentando que sexa de tempada, local e ecolóxico e tamén elaboraremos en común algunhas pizzas.

O horario previsto é de 10:00 a 18:00 horas

Coa colaboración de:  logos_alimentos_peque

Leave A Comment

Go to Top