Este sábado 17 de decembro Amigas da Terra participará no VI Foro Labrego de Agroecoloxía, organizado polo Sindicato Labrego Galego, para falar das Comunidades Enerxéticas, unha nova ferramenta para a gobernanza democrática da enerxía e para unha transición enerxética xusta e sostible social e ambientalmente.
Nas verbas dos organizadores “Baixo o título de Coidando o Común para soster a Vida, debatiremos, reflexionaremos e valoraremos todos os comúns que nos aportan valores, sentido de pertenza á comunidade e saberes que configuran tamén a cultura labrega”. Amigas da Terra participará dando a coñecer a figura de comunidades enerxéticas como figura que pode impulsar a recuperación do común tamén no noso modelo enerxético.
Inscricións >>>



Leave A Comment