
Amigas da Terra convídavos a participar na manifestación O Pobo Galego unido contra a depredación enerxética
CANDO? este domingo, 22 de xaneiro ás 12:00h
ONDE? no cruce da Vía Norte, Vigo
ORGANIZA: Veu polo Aire, colectivos organizacións e movementos sociais do país
Que enerxía queremos? Macrorenovables que invaden aldeas e montes e que baleiran o rural? Alternativas xustas xa!
As solucións fronte a emerxencia climática deben ir máis alá de unha redución de emisións a través da descarbonización da economía. A transición enerxética cara as enerxías renovables, por sí soa non é suficiente nin xusta. É necesario abordala con medidas que promovan o decrecemento da produción e do consumo, a democracia e a xustiza ecolóxica, social e de xénero. A enerxía deberá ser renovable, pero tamén comunitaria, e integrada nun novo modelo enerxético descentralizado, distribuído e xusto social e ambientalmente
As cidades e o rural xuntas contra o capital!
O pobo galego contra a depredación enerxética
Precisamos Xustiza Climática!
Fagamos nosa a enerxía!

Leave A Comment