Gustaríache decidir sobre o modelo enerxético na túa vila? Queres pagar un prezo xusto pola electricidade? Outro modelo enerxético é posible e ti podes contribuir a poñelo en marcha!
A enerxía comunitaria é unha alternativa democrática, sostible e descentralizada, imprescincible para unha transición enerxética xusta social e ambientalmente. Desde a aprobación da nova lexislación europea para a enerxía comunitaria renovable a finais de 2018, a revolución enerxética está a gañar forza en toda Europa. Galicia non debe quedar atrás, e menos contando coa presenza de comunidades de montes que poden axudar a impulsar estas novas figuras no sector enerxético.
Para reflexionar xuntas sobre este tema Amigas da Terra participa neste faladoiro xunto con Mauro Vázquez, enxeñeiro de enerxías renovables e con Enrique Cuquejo, da comunidade de montes de Baltar.
Fagamos nosa a enerxía!
Enerxía por e para as persoas!!
Soberanía Enerxética Xa!!!
Domingo 27 de novembro, ás 17:00 h
Casa da Cultura de Baltar
C. Sgto. Seoane, 1, 32632 Baltar, Ourense (localización >>>)



Leave A Comment