1º Encontro da Rede de Ecohortas

Cargando eventos

Espazo de intercambio de experiencias e aprendizaxes de profesorado e familias  implicadas nas hortas, no que será o I Encontro da Rede de Eco Hortas Escolares.

  • Sábado 15 de abril
  • Finca ecolóxica Fillas da Terra (Domaio-Moaña)

O obxectivo é xenerar un espazo de aprendizaxe, pero nun marco lúdico. Por iso, decidimos levalo a cabo nunha horta (non escolar). Así, ademais de atoparnos, aproveitaremos para visitar un proxecto de produción ecolóxica.

Programa

  • 10:30 Recepción e acoamento
  • 11:00 Espazo de intercambio entre familias e docentes dos centros da Rede
  • 13:00 Visita guiada ao proxecto “Fillas da Terra”
  • 13:45 Xantar-degustación con produtos da horta
  • 15:00 Despedida

Haberá servizo de bus dende Ourense e Vigo, unha vez inscritas xa vos comentaríamos os horarios e paradas. E animámosvos encarecidamente a que usedes ese servizo.

Contaremos con servizo de gardería así que podedes traer peques.

Ao final haberá un picoteo que constará de ensaladas, pan con aceite e marmeladas, empanadas de verduras da horta e postre.

Leave A Comment

Go to Top