
Gustaríache deixar de depender dun oligopolio enerxético que nos estafa? Queres pagar un prezo xusto pola electricidade? Outro modelo enerxético é posible e ti podes contribuir a poñelo en marcha!
A enerxía comunitaria é unha alternativa democrática, sostible e descentralizada, imprescincible para unha transición enerxética xusta social e ambientalmente. Desde a aprobación da nova lexislación europea para a enerxía comunitaria renovable a finais de 2018, a revolución enerxética está a gañar forza en toda Europa.
Para reflexionar xuntas sobre este tema, e en colaboración co Concello de Covelo, dende Amigas da Terra organizamos un faladoiro no que contaremos coa participación de Fernando Malvar, da Cooperativa Enerxética de Buchabade e de José Eiras, traballador e socio de Nosa Enerxía.
Non o perdas!
Fagamos Nosa a Enerxía!!!
Soberanía Enerxética Xa!!!!
Venres 17 de marzo, ás 18:00 h
Auditorio Municipal de Covelo
Pontevedra (localización >>>)


Leave A Comment