Xornada Fagamos Nosa a Enerxía: “Transición Enerxética Xusta desde os Concellos”

Cargando eventos

 

Desde Amigas da Terra convidámosvos a participar nunha xornada centrada no impulso de Comunidades enerxéticas desde os Concellos, chamados a xogar un papel fundamental na inevitable transición enerxética que temos por diante.

Inscricións >>>

 

O obxectivo desta xornada é achegar ao persoal político e técnico dos Concellos e a outras axentes relacionadas coa xestión do territorio, a posibilidade de impulsar a transición enerxética xusta a través das comunidades enerxéticas, dándolles a coñecer entidades e ferramentas que lles poidan axudar e acompañar nas diferentes fases do proceso.

Poderedes achegarvos a algunhas das ferramentas financieiras, formativas e de asesoramento desenvoltas desde diferentes institucións, para poder axudar aos municipios no impulso de proxectos democráticos e participativos de enerxía comunitaria.

Ademáis tamén poderedes coñecer experiencias participadas polos concellos como son a de Arousa en Transición ou Renovables de Liñares SCG en Galicia e a da Comunidade Enerxética de Río Monachil en Granada, entre outras.

Comunidades enerxéticas

Fagamos Nosa a Enerxía

Soberanía Enerxética Xa!!!

 

 

Leave A Comment

Go to Top