Gustaríache decidir sobre o modelo enerxético na túa vila? Queres pagar un prezo xusto pola electricidade? Outro modelo enerxético é posible e ti podes contribuir a poñelo en marcha!
A enerxía comunitaria é unha alternativa democrática, sostible e descentralizada, imprescincible para unha transición enerxética xusta social e ambientalmente. Desde a aprobación da nova lexislación europea para a enerxía comunitaria renovable a finais de 2018, a revolución enerxética está a gañar forza en toda Europa. Galicia non debe quedar atrás, e menos contando coa presenza de comunidades de montes que poden axudar a impulsar estas novas figuras no sector enerxético.
Para reflexionar xuntas sobre este tema, e convidadas polo Colectivo do Vento de Campo Lameiro, dende Amigas da Terra participamos neste faladoiro xunto con Fernando Malvar, da Cooperativa Enerxética de Buchabade e Xosé Manuel Vilas, asesor de proxectos de comunidades enerxéticas.
Fagamos nosa a enerxía!
Enerxía por e para as persoas!!
Soberanía Enerxética Xa!!!
Sábado 22 de outubro, ás 12:00 h
Centro Sociocultural Sobrino Buhigas
C/ Bernardo Sagasta, nº 37, A Lagoa; Campo Lameiro, Pontevedra (localización >>>)



Leave A Comment