Angel Dorrío

About Angel Dorrío

Somos unha asociación ecoloxista que ten como misión o fomento do cambio local e global cara a unha sociedade máis respectuosa co medio ambiente, xusta e solidaria.

A nova lei europea de materias primas alimenta o consumo desenfreado de recursos e deixa de lado os dereitos humanos e a protección da natureza

O Parlamento Europeo aprobou onte unha Lei de Materias Primas Fundamentais que non aborda o consumo exacerbado de recursos de Europa, unha materia pendente que será imprescindible para unha transición enerxética sostible.

A nova norma profunda no extractivismo dentro e fóra da UE e na desregulación da minería.

Denunciamos á súa vez que debilita a protección […]

By |2023-12-14T14:43:38+01:0014 de Decembro, 2023|Novas de Biodiversidade|Comentarios desactivados en A nova lei europea de materias primas alimenta o consumo desenfreado de recursos e deixa de lado os dereitos humanos e a protección da natureza

A COP28 péchase en falso: os países contaminantes seguen sen comprometerse co fin dos combustibles fósiles

O Acordo da COP28 é insuficiente para facer fronte á crise climática e protexer ás comunidades de todo o mundo das súas consecuencias extremas. Amigas da Terra denuncia que o texto final segue abrindo a porta ás falsas solucións que terán impactos devastadores a todos os niveis e principalmente no Sur global.

By |2023-12-13T15:28:26+01:0013 de Decembro, 2023|Novas de Clima e Enerxía|Comentarios desactivados en A COP28 péchase en falso: os países contaminantes seguen sen comprometerse co fin dos combustibles fósiles

Milleiros de persoas mobilizáronse hoxe na defensa das montañas galegas fronte a especulación enerxética

A Coordinadora “Eólica Así Non” celebrou nesta xornada 6 mobilizacións en territorios afectados pola actual invasión eólica, coincidindo co “Día das Montañas”: Amil (Moraña), A Fonsagrada, Lugo, Val do Dubra, Vilar do Barrio e Ortigueira.

Hoxe, con motivo do Día Mundial das Montañas, a Coordinadora Eólica Así Non, conformada por máis de 200 plataformas, colectivos […]

By |2023-12-10T22:06:09+01:0010 de Decembro, 2023|Novas de Clima e Enerxía, Sen categorizar|Comentarios desactivados en Milleiros de persoas mobilizáronse hoxe na defensa das montañas galegas fronte a especulación enerxética

Arrinca a segunda semana do Cume do Clima con fortes bloqueos aos principios de xustiza climática e un texto aberto ás falsas solucións

Comeza a segunda semana do Cume en Dubai cun bloqueo dos países do Norte Global ás mencións específicas á xustiza climática e, por tanto, aos dereitos humanos

Desde Amigas da Terra denunciamos o apoio de múltiples países, entre eles España, ás falsas solucións como os mercados de carbono

A implantación de […]

By |2023-12-07T20:56:30+01:007 de Decembro, 2023|Novas de Clima e Enerxía|Comentarios desactivados en Arrinca a segunda semana do Cume do Clima con fortes bloqueos aos principios de xustiza climática e un texto aberto ás falsas solucións

Día Internacional do voluntariado

Hoxe día 5 de decembro, celebrase o Día Internacional do Voluntariado, unha xornada proclamada no ano 1985 pola ONU, para dar a coñecer mellor a importante contribución das persoas voluntarias nos diferentes ámbitos da sociedade.

Dende Amigas da Terra queremos aproveitar para expresar a todas/os as/os voluntarias/os locais e europeos a labor xenerosa, o esforzo, […]

By |2023-12-05T14:04:23+01:005 de Decembro, 2023|Novas do Voluntariado Local|Comentarios desactivados en Día Internacional do voluntariado
Go to Top