Amigos da Terra organiza este domingo 6 de outubro no concello de Meaño, en Pontevedra, a segunda das xornadas do curso “Método Biointensivo de Cultivo de Alimentos”.
O curso, cunha duración de 8 horas, impartirase, en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h, na Horta biointensiva O Torno, Meaño, Pontevedra.
Nesta xornada, e despois de escoller, entre as participantes da primeira xornada do 31 de agosto,os temas a tratar, traballaremos, de xeito eminentemente práctico, a elaboración de unha composta de inverno, o uso e aplicación de enmendas básicas nas nosas hortas e faremos un pequeno intercambio de sementes.
O curso está dirixido a persoas que xa realizasen previamente o taller básico do método biointensivo e, idealmente, que o estean aplicando nunha horta.
Estará impartido por Guillermo Rodríguez Barreiro, enxeñeiro agrónomo e Mestre Nivel Básico do método biointensivo, que cultiva a horta biointensiva “O Torno” con vocación de espazo de formación, investigación e promoción do método biointensivo en Galicia.
Colaboran:


Este proxecto conta co apoio do Ministerio para a Transición Ecolóxica a través da Fundación Biodiversidade


Leave A Comment