
Nesta xornada queremos afondar nas realidades específicas dos grupos que habitamos e, partindo dos catro espazos nos que se estrutura calquera sistema grupal, revisar como operan o xénero, os coidados e as relacións de poder dentro dos mesmos. En definitiva queremos incorporar os feminismos como un eixe transversal que axude a mellorar a saúde dos grupos.
- Quen?
O obradoiro está deseñado por unha equipa interdisciplinar con traxectoria no feminismo e na dinamización e facilitación de grupos: Mar Cendón, María Rosendo e Mari Fidalgo.
- Cando?
Venres 4 (de 16:00 a 20:30) e sábado 5 (de 9:30 a 14:00) de outubro
- Onde?
Rúa Pena Trevinca, 32 baixo Ourense
- Para quen?
Será imprescindible ter realizado a primeira parte do curso aínda que sexa con outras institucións.
- Canto?
O curso é de balde. Se resides fora da cidade de Ourense estamos a negociar para obter prezos asequibles de aloxamento para a noite do venres.
Esta xornada está co-financiada pola convocatoria Iniciativa Xove da Xunta de Galicia.
PRAZAS LIMITADAS!!
Necesaria preinscripción no seguinte formulario>> [1] antes do 1 de outubro.
[1]https://forms.gle/M6dJ4xygpxZTM6167

Leave A Comment