Aproveitando a quedada para recoller sinaturas para a ILP, faremos unha xuntanza de voluntariado na que exploraremos as diferentes iniciativas nas que podedes participar e tentaremos definir entre todas as persoas socias, voluntarias e colaboradoras cales son as temáticas, actividades, proxectos ou obradoiros que máis vos apetecería traballar no suroeste galego.
Esta xuntanza tamén permitirá que voluntariado, socias/os e demais colaboradores/as se acheguen a coñecer o novo local que Amigos da Terra ocupa en Vigo dende o mes de xullo, moi próximo ao anterior, no número 9 da rúa Velázquez Moreno, e compartido con Entreculturas e Educación sen Fronteiras.

Leave A Comment