Recollida de sinaturas para a ILP contra a incineración e pola aplicación dos 3R

Cargando eventos

Como xa vos avisamos fai un mes nas novas da web, xa está en marcha a recollida de sinaturas para a aprobación dunha iniciativa lexislativa popular (ILP) para a aplicación efectiva dos principios de redución, reutilización e reciclaxe de residuos en Galiza.

O obxectivo desta iniciativa, impulsada por todo o ecoloxismo galego, ademais de plataformas cidadás e colectivos sociais, é o de sensibilizar á cidadanía na necesidade dun cambio no modelo da xestión dos residuos, desbotar de unha vez por todas a Incineración, na que tan interesada está o actual goberno e solicitar un cambio lexislativo cara unha política galega de residuos que aposte por un modelo baseado na Redución, a Reutilización e a Reciclaxe.

Para que a ILP sexa debatida no Parlamento, son precisas 15.000 sinaturas que deberán ser recollidas en 4 meses, polo tanto precisamos do voso apoio, tanto asinando como colaborando na recollida de máis sinaturas.

Para dar a coñecer o texto e impulsar a recollida todos os grupos integrados na Plataforma contra a Incineración e pola reciclaxe, sacaremos mesas ás rúas nas máis grandes cidades e vilas galegas entre ás 18:00 e as 20:00 horas dos xoves 13 e 27 de setembro.

A recollida de sinaturas por parte de Amigos da Terra terá lugar en:

Ourense na rúa do Paseo, a carón da Subdelegación de Defensa

Vigo na rúa Príncipe, a altura do MARCO

Leave A Comment

Go to Top