Xornadas de Voluntariado ambiental en As Corcerizas

Cargando eventos

Cando?

Esta fin de semana estreamos programa de voluntariado ambiental convocándoos a unha gran xornada forestal, que levaremos a cabo en “As Corcerizas” na Serra de San Mamede.

Será pois o vindeiro 1 e 2 de xuño

A xornada estará dirixida por Xosé Santos quen guiará as accións e brindará todo o seu coñecemento sobre a xestión forestal sostible, talas, podas, plantacións, lumes, reforestación con bolas de arxila, formigas… e muito máis!

Que imos facer?

Coa vosa colaboración pretendemos

– iniciar o proceso de recuperación do lameiro situado fronte ás balsas de depuración; lameiro onde non fai tantos anos pacían todas as noites os cervos, e que a día de hoxe está “tomado” polas xestas.

– avanzar no acondicionamento do piñeiral localizado fronte a aula e comedor, que tras a nefasta tala feita fai 2 anos, é máis exemplo do que non se debe facer que dunha xestión forestal sustentable a tomar como referente.

– Pero se o grupo resultar ser moi numeroso e o que vos motiva é a albanelería e/ou carpintería, tamén se organizaría un grupillo de mellora na zona do albergue.

Que facer para anotarse?

Moi sinxelo,

– enviar un correo ou chamar ao local de Ourense ofrecendo o voso apoio.

voluntariado.galicia@amigasdaterra.net

988 374 318

Porémonos en contacto con vós para concretar horarios, plan de xantar, desprazamento…

Moitas gracias

Esperámosvos na Serra!

Leave A Comment

Go to Top