Os alimentos que comemos veñen cada vez de máis lonxe: hortalizas de Marrocos, garavanzos de México, viño de Chile.. no 2007 cada tonelada viaxou unha media de 5.013 km! Ademais, cada vez é maior a cantidade de alimentos que importamos, contribuíndo ao abuso dos recursos naturais dos países do Sur e agravando o cambio climático pola gran cantidade de emisións de gases de efecto invernadoiro que supón.
Pero como podemos frear o cambio climático co que comemos cada día?
Convidámosvos a participar na xornada de formación de Alimentos Kilométricos que levaremos a cabo en As Corcerizas, co obxectivo de coñecer o actual modelo alimentario e tamén as alternativas asumibles e próximas a todos/as nós. Tentaremos dotar a xornada de ferramentas útiles para que os/as participantes podamos empregalas e difundir todo o que asimilemos, formando parte dunha nova rede para un cambio de modelo.
Ademais disfrutaremos da convivencia e ambiente de As Corcerizas de xeito gratuito, do seu contorno, e levaremos a cabo unha acción de voluntariado na zona!
Coa colaboración de:

Leave A Comment