Esta fin de semana Amigos da Terra convídavos a participar nunha xornada dobre en As Corcerizas na que se inclúe formación na campaña Alimentos Kilométricos co obxectivo de reflexionar sobre o impacto do actual modelo alimentario, e accións de voluntariado colaborando no desenvolvemento da carreira Desafío Solidario 2012, un evento deportivo na que parte dos cartos acadados se destinarán á reforestación da Serra de San Mamede. Desfruta dunha fin de semana en As Corcerizas, de xeito totalmente gratuíto!
A maior parte da actividade do sábado estará centrada na campaña de Alimentos Kilométricos, realizaremos unha formación co obxectivo de coñecer o impacto do actual modelo alimentario e das alternativas para poder cambialo. Tentaremos dotar á xornada de ferramentas útiles, con xogos e dinámicas, para que as/os participantes poidamos empregar e difundir todo o que asimilemos, formando parte dunha nova rede para un cambio de modelo.
A última hora da tarde, aproveitaremos para visitar o percorrido da carreira do día seguinte e identificar os postos que cubriremos. O domingo, ben cediño, cada voluntaria e voluntario teremos xa un lugar asignado polos colectivos que organizan a carreira, nos desprazaremos ata os puntos indicados e dende alí, colaboraremos coa difusión de información, a atención e o avituallamento das/os participantes deste Desafío Solidario 2012.
Coa colaboración de:
PROGRAMA
Sábado, 19 de maio
11:00 – 13:30 Presentación e formación na campaña Alimentos Kilómétricos
13:30 – 15:00 Xantar
15:00 – 17:00 Como difundir alternativas: xogo colectivo
17:00 – 17:30 Descanso
17:30 – 20:00 Acción de voluntariado en As Corcerizas e preparación da xornada do domingo
Domingo, 20 de maio
7:30 – 9:00 Comezo da actividade de voluntariado coa distribución de persoas polos distintos postos de avituallamento da carreira
Xantar a cargo da organización
INSCRICIÓN
Envíanos a ficha cuberta por correo electrónico, postal ou fax antes do 18 de maio a:
voluntariado.galicia@amigasdaterra.net
Fax: 988 511 020
R/Concordia nº20, 2º esquerda. 32003 Ourense