Visita ao proxecto agroecolóxico Trasdeza Natur situado en Silleda. Consta dunha horta ecolóxica e como elemento innovador a transformación dalgún desos produtos frescos en aperitivos deshidratados, conservas e especias.
Posúen un deshidratador solar froito dun proxecto de investigación xunto ca USC que lle permite manter todas as súas propiedades organolépticas.
- Cando? sábado 3 de abril de 11:00 a 13:00
- Donde? Lugar de Cardigonde 38, Cortegada. Silleda (Localización aquí>> )
Posibilidade de compartir vehículos. Haberá becas de desprazamento.
É necesaria a inscrición no seguinte formulario>>
Despois da visita quedaremos a xantar de picnic pola zona con zonas a cuberto en caso de choiva. E pola tarde hai posibilidade de unirte ao encontro de defensoras da terra, máis información aquí>>


Leave A Comment