V Manifestación Nacional – O pobo galego unido contra a depredación enerxética

Cargando eventos

Amigas da Terra convídavos a participar na V Manifestación Nacional

O POBO GALEGO UNIDO CONTRA A DEPREDACIÓN ENERXÉTICA

AS CIDADES E O RURAL XUNTAS CONTRA O CAPITAL

CANDO? o domingo, 28 de abril ás 12:30h
ONDE? Saída desde a Praza da Peregrina en Pontevedra
CONVOCA: Contra Vento e Maré

Estase levando a cabo o desenrolo de proxectos eólicos, mineiros e de celulosas que son masivos, sobredimensionados, ineficaces e por riba sen planificación algunha. Baixo un paradigma privatizador e centralizado, cunha ausencia total de políticas efectivas de aforro e eficiencia enerxética.

Esto supón unha enorme presión sobre a vida das persoas no noso pais. Estamos falando da nosa vida, a vida das nosas veciñas que viven do mar e da terra, e a vida de tódolos seres vivos cos que compartimos o territorio e os ecosistemas mariños e terrestres.

Queren destruír a nosa calidade de vida e botarnos da nosa terra: ESTAMOS FARTAS!

NON queremos ríos nin rías contaminadas, nin queremos que nos invadan as minas, os eólicos e os eucaliptos.

Adhesións: apoios@contraventoemare.org
Máis información e actividades previas >>>>

O Pobo Galego Unido Contra a Depredación Enerxética

As Cidades e o Rural Xuntas Contra o Capital

Leave A Comment

Go to Top