Exposición fotográfica: Dereito á enerxía, sen deixar a ninguén atrás

Cargando eventos

Entre o 13 e o 31 de maio, na Casa das Campás en Pontevedra, convidámosvos a visitar a exposición

Dereito á enerxía: sen deixar a ninguén atrás

A través dunha serie de fotografías e entrevistas capturadas en distintos países, este proxecto ten como obxectivo principal visibilizar a loita contra a pobreza enerxética. Estas pezas son o resultado dunha colaboración entre Friends of the Earth Europe, Amigos de la Tierra, Amigas da Terra e diversos colectivos activistas comprometidos coa causa da enerxía.

Cada imaxe conta unha historia de organización social, movementos sociais e construción comunitaria na batalla por un acceso xusto e sostible á enerxía. Non é só un testemuño visual, senón tamén un chamado á acción. Ao expoñer as realidades da pobreza enerxética e destacar as solucións baseadas na comunidade, esta exposición ínstanos a unirnos, a colaborar e a traballar xuntas para construír un futuro enerxético máis equitativo e sostible para todas. É un recordatorio de que, a través da acción colectiva e o activismo, podemos lograr un cambio significativo nas nosas comunidades e no mundo en xeral.

O luns 13 de maio, entre ás 19:00 e ás 21:00h, na Casa das Campás (Pontevedra) terá lugar a inauguración.

Contaremos coa presenza de Ana Pardo, presidenta da Rede Europea contra a Pobreza en Galicia e con Raquel Fernández, de Amigas da Terra, para reflexionar en torno á pobreza enerxética e como loitar de xeito colectivo en prol da soberanía enerxética.

Se estades interesadas en asistir a inauguración, inscribídevos premendo no enlace antes do venres 10 de maio para facilitar a organización do acto, que contará cuns petiscos e un espazo para conversar.

Inscricións  >>>>

Porque unírmonos e traballar xuntes é necesario para construir un futuro enerxético equitativo e sostible!

Enerxía entre todas é para todas!

Leave A Comment

Go to Top