Taller para construír o teu propio composteiro (Ourense)

Cargando eventos

Para conmemorar o día da Terra que se celebra o 22 de abril queremos propoñerche e axudarte a ser parte da solución ao problema dos residuos ensinándote a fabricar o teu propio composteiro artesán e poder ser quen xestione os teus residuos sen saír da casa. Así, aplicando o principio de proximidade e autoxestionando os teus residuos orgánicos evitas que o lixo viaxe para acabar sendo incinerado, reducindo emisións de GEI e obtendo compost para as túas plantas.

Os residuos son o exemplo máis claro da desconexión entre o ser humano e o medio ambiente. Na natureza non existen residuos, porque o que para unha especie é lixo, para outra son recursos.

É evidente que nas comunidades humanas isto non sucede. Existe un desequilibrio enorme entre o lixo que xeramos e os recursos naturais que perdemos cada ano. En concreto, a materia orgánica supón case a metade do total dos residuos sólidos municipais, e a súa mala xestión actual non fai máis que afondar no escenario de emerxencia climática no que estamos inmersas.

Dende Amigos da Terra, tras de máis de 12 anos impulsando programas de compostaxe doméstica, continuamos insistindo nas vantaxes económicas e ambientais que supón a compostaxe dos residuos orgánicos e sabemos que dende a cidadanía, dende os nosos fogares, temos o poder e a responsabilidade de cambiar moitas cousas.

Contaremos ca colaboración da Asociación Enraiz’arte e o grupo Scout Ilex 695

Debido a situación sanitaria actual é imprescindible a preinscrición previa no correo voluntariado.galicia@amigasdaterra.net

 

Esta actividade é posible grazas ao apoio financieiro do Programa Iniciativa Xove

 

Leave A Comment

Go to Top