Concentración en Reganosa (Mugardos)

Cargando eventos

A Coordinadora Galega por un Reparto Xusto dos Fondos Europeos, xunto co Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convocan unha concentración diante de Reganosa, a industria do gas fósil de Galiza, o sábado 24 de abril ás 12 horas para denunciar a falta de transparencia, a ausencia de participación pública e para esixir un reparto xusto e sustentábel dos fondos europeos Next Generation que chegarán ao país. A concentración comezará na Avenida da Pedreira para despois camiñar até o final da rúa do Penedo, fronte á industria.

Para acudir á concentración e organizar o transporte colectivo (en coche compartido ou bus) é necesario apuntarse no seguinte formulario de inscrición>>

Leave A Comment

Go to Top