CONTIDOS:
– Abordaxe teórica-política da construción de Xénero, as relacións de poder e os privilexios.
– Dinámicas de rango e interrelación entre os distintos sistemas de opresión.
– Unha mirada feminista aos 4 espazos dos grupos.
– Do plano persoal, ao nivel relacional e ao grupal.
Formamos parte dunha sociedade na que reproducimos xestos, actitudes e discursos que fortalecen estruturas xerárquicas e excluíntes. Moitas destas prácticas son tan habituais que nos resultan difíciles de detectar no día a día. Con todo, estes comportamentos teñen consecuencias na vida das persoas. Construír espazos seguros pasa necesariamente por visibilizar e enfrontar individual e colectivamente estas formas de estar e de participar na sociedade


Leave A Comment