Coñeces as árbores e aves da túa cidade?
Taller práctico para aprender a recoñer as principais especies autóctonas de árbores e aves de Ourense ,que inclúe un paseo pola beira do río
Desde o principio dos tempos, as especies vexetais e animais autorreguláronse. Aumentando ou diminuíndo as súas poboacións ata que algunhas se extingan ou evolucionen, segundo os recursos dispoñibles e as condicións do medio, mantendo así un “equilibrio desequilibrado” pero funcional.
Hoxe en día, tras a evolución da especie humana, moitas cousas cambiaron. Os procesos aceleráronse, non hai posibilidade de regulación natural e por iso dirixímonos cara a un desequilibrio moi disfuncional, coa perda ou o aumento desenfreado de demasiadas especies, demasiado rápido.
Que faremos?
• falaremos da importancia das especies de fauna e flora, do seu papel fundamental para o equilibrio do ecosistema
• aprenderemos a identificar as especies autóctonas máis habituais de Galicia a través de actividades lúdicas
• abordaremos as consecuencias do quecemento global en relación a elas e que podemos facer para minimizar o dano que vimos provocando á natureza, de modo a que podamos seguir habitando este planeta, utilizando os recursos naturais de forma mais sostible, en sintonía co resto de especies que o habitan e que son esenciais para a nosa presenza aquí.
• daremos un paseo polo río para poñer en práctica o aprendido durante a sesión e identificar as especies que atoparemos no camiño.
Imprescindible inscripción previa en voluntariado.galicia@amigasdaterra.net


Leave A Comment