O mércores 14 de abril, ás 12.00 horas, terá lugar na Biblioteca Pública de Pontevedra a presentación oficial da exposición “Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible”, organizada en colaboración por Amigos da Terra e AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios).
As dúas organizacións, a través dun convenio de colaboración comezaron no ano 2009 un proxecto de sensibilización que permitirá dar a coñecer en Galicia o traballo que Amigos da Terra leva a cabo no Golfo de Fonseca en temas de pesca artesanal sostible.
Presentación documental
Por outra banda, ese mesmo día, ás 17.00 horas, na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra, membros de Amigos da Terra e AGARESO presentarán aos alumnos/as de comunicación audiovisual o documental que AGARESO realizou sobre os proxectos que Amigos da Terra está a desenvolver nestes países e a situación ambiental do Golfo de Fonseca.

Leave A Comment