Defensa cidadá do medio ambiente. Curso práctico

Cargando eventos

cursoxco

A Oficina Municipal de Voluntariado (OMV), dentro do Plan Formativo da Concellaría de Voluntariado do concello de Ourense, organizan unha xornada de medio ambiente e participación creando un espazo que facilite as canles axeitadas para que o cidadán poida denunciar unha presunta agresión ambiental.

Amigos da Terra pretende simplificar este proceso de denuncia mediante este curso que ten como obxectivo principal o de dar información sobre como saber se unha situación está fora da normativa ambiental vixente e como formular unha denuncia ambiental, cando e onde presentala.

Con elo, contribuir á labor das administracións públicas para pór fin á problemática que xera o descoñecemento da normativa ambiental vixente. O obxectivo é o de aportar claves que permitan mellorar a eficiencia da denuncia ambiental.

Contido das Xornadas:

1.Orixe e concepto do dereito ambiental. Lexislación

2.O dereito ambiental: dende a administración europea á administración local

3.A denuncia ambiental: tramitación e órganos competentes, as Administracións Públicas e a Administración de Xusticia

4.Obradoiro práctico de identificación de agresións ambientais

Lugar e data de celebración: 10 de abril de 11.30 ás 13.30h. na Casa da Xuventude de Ourense

Para público en xeral. 20 prazas

Inscrición de balde en voluntariado@ourense.es e no 988.38.51.84 (Berta) ou en xuridico@amigasdaterra.net e no 988.37.43.18 (Montse)

Imparte: Asesoría xurídica de Amigos da Terra

Leave A Comment

Go to Top