Amigos da Terra participará nunha nova edición de Terractiva o vindeiro 17 e 18 de outubro. Nesta edición, o equipo de As Corcerizas será o encargado de acercar á feira a temática da bioconstrución. Así mesmo, participarán cunha charla sobre aforro enerxético.
A feira medioambiental “Feiractiva” é un espazo expositivo activo e dinámico no que se amosarán, exporán e venderán produtos, ideas, proxectos, descubrimentos… Neste mercado verde reuniranse ‘stands’ de produtos biolóxicos, produtos ecolóxicos, artesanía, bioconstrución, enerxías alternativas, centros de medicinas e terapias alternativas, colectivos sociais…
No marco desta “Feiractiva” desenvolverase, ademais, unha ampla e variada programación cultural pensada para un público multidisciplinar e interxeracional que terá como condutores o mediambiente, a ecoloxía e a biodiversidade. Esta incluirá ao longo de toda a fin de semana cursos e obradoiros formativos, concertos, actuacións teatrais, ludoteca infantil e outras actividades lúdicas, formativas e de denuncia

Leave A Comment