Faladoiro sobre Transición Ecolóxica Xusta en Vigo

Cargando eventos

 

Amigas da Terra convídavos a participar nun Faladoiro sobre Transición Enerxética Xusta en Vigo, nunha xornada organizada xunto a Amnistía Internacional, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace e Verdegaia

Un faladoiro presentado e moderado por Bibiana Villaverde, periodista de Radio Voz en Vigo e no que intervirán Xosé Veiras, biólogo e activista, impulsor do Observatorio Galego de Acción Climática-OGACLI e Xavier Labandeira, catedrático de economía na Universidade de Vigo e director do centro interuniversitario galego de investigación en ciencias sociais ECOBAS, investigador na fronteira entre a economía climática, pública e enerxética.

Esta xornada está enmarcada dentro das actividades que a sociedade civil organizada desenvolve no marco da COP28, que terá lugar entre o 30 de novembro e o 12 de decembro en Emiratos Árabes Unidos. Esta é unha reunión anual onde todos os países negocian os obxectivos e as accións concretas para facer fronte á crise climática.

A presión de centos de lobistas da industria fósil sobre os gobernos vese enfrontada coa participación de activistas climáticos pertencentes a organizacións ecoloxistas e defensoras dos pobos, que fiscalizan as actuacións das representantes políticas neste cumio. Tamén contaremos coas súas voces desde Dubai analizando os agardados avances desta COP28 e denunciando en caso de que nos haxa.

ONDE? Delegación da Deputación de Pontevedra en Vigo, rúa Eduardo Chao, 17

CANDO? Luns 11 de decembro, ás 19:00h

Non o perdas!!!!

Enerxía entre todas e para todas!

 

Leave A Comment

Go to Top