Encontro polo Clima en Compostela: Se a Terra quece temos que apagar o lume!

Cargando eventos

 

Amigas da Terra convídavos a participar nun Encontro polo Clima en Santiago de Compostela “Se a Terra quece temos que apagar o lume”, nunha xornada organizada xunto con ADEGA, Amnistía Internacional Galicia, Coordinadora Galega de ONGDs, Federación Galega de Ecoloxistas en Acción, Fridays For Future Compostela, Fridays For Future Vigo, Greenpeace, Oxfam Intermón, UNICEF e Xuventude polo Clima Galicia.

Un encontro no que a través de 2 faladoiros, abordaremos a problemática do cambio climático desde as organizacións civís participantes. Esta xornada está enmarcada dentro das actividades que a sociedade civil organizada desenvolve no marco da COP28, que terá lugar entre o 30 de novembro e o 12 de decembro en Dubai, nos Emiratos Árabes Unidos.

Esta é unha reunión anual onde todos os países negocian os obxectivos e as accións concretas para facer fronte á crise climática. A presión de centos de lobistas da industria fósil sobre os gobernos vese enfrontada coa participación de activistas climáticos pertencentes a organizacións ecoloxistas e defensoras dos pobos, que fiscalizan as actuacións das representantes políticas neste cumio.

En representación da sociedade civil galega, as organizacións que en conxunto organizamos esta xornada, esiximos aos gobernos locais, autonómicos, nacionais e internacionais unha resposta suficiente e axeitada contra a crise climática que atravesamos, a través dunha transformación sen precedentes que poña no centro ás persoas, a ciencia, a saúde, a redución das desigualdades e a xustiza climática.

Aquí podes ler o manifesto >>>>

ONDE? Centro Sociocultural e Xuvenil O Ensanche, rúa Frei Rosendo Salvado, 16, Santiago de Compostela

CANDO? Xoves, 30 de novembro, de 19:00 a21:30h

 

Non o perdas!!!!

Xustiza Climática Xa!

Leave A Comment

Go to Top