Encontro Internacional de Mulleres Rurais

Cargando eventos

Os vindeiros 25 e 26 de marzo terá lugar no Auditorio Municipal de Lalín (Pontevedra), o primeiro Encontro Internacional de Mulleres Rurais, actividade que se engloba dentro do proxecto “As Mulleres alimentan o mundo”, organizado por A Cova da Terra en consorcio con Amigos da Terra, Intermón Oxfam, Panxea e Taller de Solidariedade, e que conta tamén coa colaboración de Axuda en acción e Solidariedade Internacional de Galicia.

Este proxecto nacido dentro da Comisión de Comercio Xusto da Coordinadora Galega de ONGD para o Desenvolvemento (CGONGD’S), pretende sensibilizar á sociedade galega en dous eidos que consideramos importantes: O Comercio Xusto/Consumo Responsable e o Xénero.

As ONGD que participamos no proxecto, entendemos que para lograr a nosa misión, propiciar cambios estruturais que contribúan á erradicación da inxustiza e a pobreza no mundo, é preciso levar a cabo unha acción dirixida a modificar os valores que sustenta o modelo de sociedade que temos na actualidade, e a promover unha acción solidaria que contribúa a modificar as estruturas vixentes. E moitos destes cambios de valores e estruturas teñen que comezar pola sociedade do Norte.

Leave A Comment

Go to Top