mulleres_rurais

Este proxecto nacido dentro da Comisión de Comercio Xusto da Coordinadora Galega de ONGD para o Desenvolvemento (CGONGD’S), pretende sensibilizar á sociedade galega en dous eidos que consideramos importantes: O Comercio Xusto/Consumo Responsable e o Xénero.

As ONGD que participamos no proxecto, entendemos que para lograr a nosa misión, propiciar cambios estruturais que contribúan á erradicación da inxustiza e a pobreza no mundo, é preciso levar a cabo unha acción dirixida a modificar os valores que sustenta o modelo de sociedade que temos na actualidade, e a promover unha acción solidaria que contribúa a modificar as estruturas vixentes. E moitos destes cambios de valores e estruturas teñen que comezar pola sociedade do Norte.

Nesta liña este proxecto busca incidir e sensibilizar na sociedade galega a través de dos temas, o Comercio Xusto/Consumo Responsable e a Muller facendo especial fincapé nas mulleres do rural que aseguran grazas ao seu traballo a alimentación das familias ao seu cargo.

Para iso, traballaremos con mulleres rurais organizadas de Galicia mediante obradoiros de formación. Destes contactos xurdirá a base para a celebración dunhas xornadas onde xunto con mulleres do sur debaterase a problemática concreta das mulleres produtoras e súa aportación ó desenvolvemento dos pobos.

Este proxecto é froito dun consorcio no que participan ademais de Amigos da Terra, A Cova da Terra, Panxea, Intermón Oxfam e Taller de Solidariedad.