
Apúntate ao próximo Curso Agroecolóxico de Cultivo Biointensivo
Queres cultivar os teus propios alimentos ou aprender novos métodos de cultivo agroecolóxico? Si che interesa desde Amigos da Terra imos impartir varios cursos do “Método biointensivo de cultivo de alimentos”
Onde: na cidade de Ourense; parte teórica no local dos scouts Ilex 695, sito na rúa Pena Trevinca, 32 baixo; parte práctica na Horta da Terra, na rúa dos Ponxos 5, no barrio do Polvorín.
Cando: durante os días 22, 23 e 24 do mes de novembro, en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
O curso está dirixido tanto as persoas que queiran iniciarse na produción agroecolóxica, como a aquelas experimentadas que queren aprender novos métodos de traballo. A idea é que poidas contar cun anaco de terra para pór en práctica os teus coñecementos.
Prezo: inclúe o xantar dos tres días, so tes que escoller a túa modalidade de inscrición!
Inscrición + libro de agasallo: 60€
Inscrición faite persoa socia, si te asocias, a túa cota de 60€ (anual) cubrirá o curso + libro de agasallo e ademais poderás desgravar ata un 75%
Inscrición xa son persoa socia, si xa es socia de Amigos da Terra o curso + libro de agasallo terán un custo de 15€
Non deixes pasar esta oportunidade! Prazas limitadas!
Máis información e inscricións ata o 18 de novembro no correo info@amigasdaterra.net
Organiza

Este proxecto conta co apoio do Ministerio para la Transición Ecológica a través da Fundación Biodiversidad


Leave A Comment