Concentración no Parlamento da Coordinadora Eólica Así Non

Cargando eventos

 

A Coordinadora Eólica Así Non, da que Amigas da Terra forma parte xunto con máis de 200 colectivos, convoca á sociedade galega a concentrarse de novo contra a depredación eólica.

ONDE? Parlamento de Galiza en Santiago de Compostela

CANDO? luns, 20 de novembro, ás 16:30h

Baixo o lema ‘As leis do capital non son de interese xeral. O PP prevarica’, a Coordinadora Eólica Así Non mostra o seu rexeitamento á figura do interese público superior que a Xunta de Galiza vén de crear para blindar a súa política eólica, baseada na especulación, na falta de ordenación, na inxustiza social e na depredación ambiental, fronte ás sentenzas xudiciais que a tomban.

Por unha transición enerxética xusta e sustentábel!

Fagamos Nosa a Enerxía! Entre todas e para todas

Leave A Comment

Go to Top